CRTVG

Buscar

Unha empresa galega desenvolve unha vacina contra a tuberculose

Publicado o 28/09/2017 15:37

Ten visos de converterse na arma máis eficaz para combater a tuberculose no mundo. Falamos dunha vacina que está a desenvolver unha empresa 100% galega.

Hoxe a compañía Biofabri anunciou que comeza a segunda fase de ensaios da nova vacina cun grupo de poboación infantil e adulta en África do Sur. Esta nova vacina contra a tuberculose foi deseñada en Galicia, a partir dunha cepa desenvolvida por un grupo de investigación da Universidade de Zaragoza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/09/2017