CRTVG

Buscar

Unha empresa galega de drons rescatará os cans atrapados entre as coadas de Todoque

Publicado o 19/10/2021 08:29

Nas próximas horas está previsto que a empresa galega de drons Aerocámaras intente o rescate dos catro cans atrapados entre as coadas de Todoque. Xa teñen os permisos necesarios. O rescate foi planificado coidadosamente. Os drons comezarán dando comida e bebida aos cans. Inspeccionarán a zona cunha cámara de 30 aumentos e outra termográfica, mentres que os animais se acostuman ao ruído. A empresa galega utilizará un dron de carga dotado dun sistema propio de loxística adaptado ás características dos animais. Unha das complicacións do rescate é a entrada de cinza nos motores dos drons.

Noticias web

19/10/2021