CRTVG

Buscar

Unha empresa galega crea un novo sistema de identificación de persoas

Publicado o 07/02/2019 16:55

Unha empresa galega especializada no desenvolvemento de software logrou situarse o ano pasado no posto número 145 das compañías europeas que máis medran, segundo a listaxe que elabora o Financial Times. E este ano contan dar outro gran salto grazas a un innovador sistema de identificación de persoas que van presentar no próximo Mobile World Congres.

Este é o prototipo de quiosco dixital creado por Tecalis para verificar a identidade e os datos dunha persoa. No mercado xa existen outras solucións semellante para controlar o acceso a grandes empresas ou eventos. Pero os deseñadores de Tecalis din que a sua mellora moito as prestacións da competencia porque é máis segura ao procesar os datos con tecnoloxía blockchain, porque se pode usar tamén desde un dispositivo móbil ou un ordenador e porque é máis rápida a hora de recoller os datos do documento co que ese acredita a persoa.

Esta capacidade de recoller os datos persoais directamente do documento é unha das prestacións que consideran que lle pode dar mais saída ao seu produto, porque simplificaría a cumplimentación dos formularios asociados a moitos trámites burocráticos.

A compañía creada en 2011 dedicabase ata agora a crear solucións dixitais para grandes empresas, sempre por encargo, pero con este producto abren novas opcións de negocio.

No ano 2018 situaronse no posto 145 das empresas europeas que máis medran, segundo o listado do Financial Times e co kiosko dixital esperan dar un novo salto, sen perder a a sua denominación de orixe.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/02/2019