CRTVG

Buscar

Unha empresa doa unha marquesiña para o autobús escolar en Pontecesures

Publicado o 11/05/2021 12:26

No lugar da Toxa, en Pontecesures, tivo que ser un veciño quen construíra unha marquesiña para os rapaces e rapazas que esperan o autobús do colexio. Foi despois de once anos de pedirlle ao Concello un acubillo para que no inverno non estiveran á intemperie. Malia que o doante quere permanecer no anonimato, os veciños están agradecidos.

Os veciños din que están moi contentos: "Grazas á empresa que nola puxo. Antes tiñamos que vir no coche os días de chuvia ou vento, era unha pasada. O Concello non quería facela, porque en dez anos houbo momentos para poñer a marquesiña. Triste para os rapaces que se estiveron mollando aquí durante anos, pero contento polos rapaces que poidan gozar agora dela".

O refrán di que máis vale tarde que nunca, pero no lugar da Toxa, en Pontecesures, xa pensaban que máis ben sería nunca que tarde.

Noticias web

11/05/2021