CRTVG

Buscar

Unha empresa do sector gráfico colabora deseñando e fabricando pantallas de protección facial

Publicado o 24/03/2020 13:55

Nesta empresa de impresión gráfica situada en Silleda, ante as cancelacións de pedidos por mor do coronavirus, decidiron buscar o xeito de colaborar.

Tras moverse polas redes sociais para ver o que se estaba a facer optaron por deseñar e fabricar máscaras de protección facial cunha capacidade de produción que podería acadar as 4.000 ou 5.000 pezas cada hora, segundo asegura o enxeñeiro Danie Iglesias.

Malia que inicialmente estaban pensadas para paliar a escaseza de material do persoal sanitario, as máscaras poderían ser empregadas por todos aqueles traballadores que teñan que interactuar coa poboación.

De momento, as que levaron a un centro sanitario tiveron moi boa acollida, polo que decidiron seguir adiante e axilizar a produción.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2020