CRTVG

Buscar

Unha empresa do Porriño reconstrúe o primeiro robot para axudar persoas maiores

Publicado o 04/03/2019 15:25

Unha serie de limitacións derivadas do software fixo que reformulasen o proxecto. Un equipo de traballadores de Ledisson reconstrúe o primeiro robot para atender persoas maiores mellorando a versión anterior. Algunhas das súas funcións serán avisar ante unha caída ou proporcionar terapias a persoas con alzhéimer.

Outra misión será proporcionar compañía. Pode compartir un paseo co usuario mentres conversan, xa que responde a preguntas. A súa utilidade será válida en xeriátricos e na casa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019