CRTVG

Buscar

Unha empresa do Porriño constrúe o primeiro parque de monopatinaxe en granito rosa

Publicado o 02/09/2021 12:20

Un parque para a práctica de monopatinaxe, roller e BMX instalarase este mes na terraza do centro comercial da nova estación intermodal de Vigo. A novidade é o material utilizado: granito rosa do Porriño. Un reto para a empresa que está elaborando as pezas, polo innovador e pola complexidade de moldear o granito para este uso.

No sector agradecen a aposta de particulares e organismos públicos polo uso do granito en proxectos innovadores. Dálles a oportunidade de demostrar que esta materia prima autóctona e duradeira ten múltiples posibilidades grazas ás novas tecnoloxías coas que traballan.

Está previsto que o parque de skate estea operativo no mes de outubro.

Noticias web

02/09/2021