CRTVG

Buscar

Unha empresa do Porriño axudou a Garda Civil na investigación do caso Diana Quer

Publicado o 03/01/2018 20:53

Unha das dificultades dos investigadores foi situar o vehículo de José Enrique Abuín na autovía da Barbanza a noite da desaparición de Diana. Foi posible grazas á colaboración altruísta dunha empresa do Porriño, ISV Consultores, que conseguiu botar luz sobre as imaxes das cámaras da autovía.

Os responsables desta empresa converteron as difusas imaxes das cámaras da AG11 nunha reconstrución en tres D que acabou coincidindo co vehículo do principal sospeitoso. Tamén fixeron medicións no propio vial.

Foi un complexo labor en que contribuíron altruistamente. Ademais de reconstruír accidentes, investigan incendios e colaboran como peritos xudiciais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018