CRTVG

Buscar

Unha empresa de Vigo imprime os deberes das familias sen recursos

Publicado o 22/04/2020 20:23


Comezaron imprimindo os deberes dos seus fillos, despois os dos seus clientes ata que un lles comentou a posibilidade de facérllelo ás familias con menos recursos.

Un sobre cheo de impresións, un debuxo do arco da vella e un repartidor que o deixa na caixa de correos de casa. Todo isto é posible grazas á colaboración dunha firma que cedeu os folios e os sobres dos envíos e da empresa de mensaxería que reduciu os prezos dos envíos.

Esta empresa viguesa é encargada de transformación dixital das oficinas e de alugueiro de impresoras. As asociacións benéficas ou entidades educativas para que se poñan en contacto con eles habilitaron un enderezo electrónico.
 

Noticias web

22/04/2020