CRTVG

Buscar

Unha empresa de Pontevedra renova a iluminación pública de Amsterdam

Publicado o 22/07/2020 17:43

Á hora de adxudicar o contrato a capital holandesa tivo en conta criterios de sostibilidade ambiental e de aforro enerxético que lle outorgaron á empresa de Pontevedra a maior puntuación para facerse co proxecto.

Do total das 42.000 luces que se fabricarán nesta empresa de Pontevedra , 4.000 xa foron enviadas a Amsterdam. Cun importe de dez millóns de euros trátase doproxecto do maior cambio masivo a tecnoloxía LED do noroeste de Europa.

A adxudicación garante carga de traballo á empresa para os próximos anos e un apoio moi importante á industria galega de compoñentes mecánicos e electrónicos.

Noticias web

22/07/2020