Unha empresa de Narón pide axuda para encontrar un furgón que lle roubaron
Publicado o 22/10/2021 15:11
Francisco aparca as súas furgonetas xusto diante da súa empresa de cátering no lugar de Sedes, no concello de Narón. O martes pasado roubáronlle unha. Agora pide a colaboración de calquera persoa que puidera vela.
Cando entraron a traballar, as empregadas decatáronse de que pola noite, alguén roubara na empresa, faltaban algúns víveres.
As entradas non estaban forzadas, na empresa cren que os ladróns entraron por unha ventá. O problema agrávase porque é a segunda vez que lles rouban neste negocio e no restaurante que teñen a uns poucos metros, xa roubaron tamén en catro ocasións.
Pechan os negocios para instalarse en Valdoviño, fuxindo da inseguridade desta zona.