CRTVG

Buscar

Unha empresa de Leiro dedícase a facer licor a base de pementos de Arnoia

Publicado o 12/02/2019 21:03

É posible que sexa máis saboroso na tixola ou á grella, aínda que nesta empresa de Leiro souberon sacarlle ao clásico pemento de Arnoia un rendemento distinto e, se cadra, máis espirituoso.

O método para elaborar licores é sinxelo. As posibilidades son case infinitas. Nesta licorería artesanal o segredo reside en empregar unha boa augardente de viño, como base onde maceran os distintos froitos, verduras e hortalizas.

Despois dunha década experimentando, teñen xa no mercado máis dunha vintena de variedades que venden a particulares e tendas gourmet. Traballan sobre pedido e a partir de encargas do máis rebuscado.

Agora preparan unha bebida feita con laranxas doces e grans de café. Xa saben, para gustos hai licores...

Noticias web

12/02/2019