Unha empresa de Gondomar cuadriplicou as súas vendas grazas aos seus almorzos personalizados
Esta empresa de Gondomar serve almorzos a domicilio por toda España. Din que non venden caixas con alimentos, senón momentos persoalizados. Águeda Ubeira, xerente de Chupipostres "A caixa podes esquecela, nós sempre o dicimos, nós non vendemos caixas, vendemos sentimentos"
Quizais iso axudou a que os pedidos se multiplicaran durante o confinamento. A falta de contacto persoal, moitos elixiron este tipo de agasallo non só para felicitar, para pedir perdón e tamén para mostrar morriña. Águeda Ubeir, xerente de Chupipostres "Nós estamos atopando ultimamente moitas persoas que teñen morriña pola súa terra e están fóra, e as persoas que viven aquí, os familiares que teñen na nosa terra envíanlles un almorzo decorado con produtos da nosa terra"
O éxito animounos a abrir novas liñas de mercado. Pensan ofrecer merendas personalizadas e preparan unha furgoneta restaurante para servizos e celebracións a domicilio.