Unha empresa de animación infantil de Ferrol ofrece monitores-coidadores a domicilio
Despois de 17 anos traballando no eido do lecer educativo, a animación infantil e servizos socioculturais, o 13 de marzo Carla baixou a persiana da oficina de La Guagua, en Ferrol, coa incerteza de non saber ata cando duraría ese peche.
E o cadro de persoal entendeu e aceptou a situación. Do medio cento de monitores, parte están nun ERTE e outros no paro. Pero Carla e a súa socia e irmá Patricia non quedaron de brazos cruzados e decidiron reorientar o negocio. Ofrecer a súa experiencia para resolver unha necesidade urxente das familias: a conciliación.
Facilitar a conciliación dos traballadores tamén é responsabilidade das empresas e algunhas tamén se están interesando pola iniciativa dos monitores-coidadores.
La Guagua ofrece monitores-canguro a domicilio, individuais ou en grupos de ata 5 nenos, ou minicampamentos de ata 10 en urbanizacións, locais sociais ou barrios.