CRTVG

Buscar

Unha empresa de Ames adquire a Preto e Marelo, os bois maroneses máis caros do mundo

Publicado o 26/11/2020 13:39

Son Preto e Marelo, dous bois de raza maronesa duns 1.300 quilos cada un. A súa beleza e o seu carácter convertéronos en subcampións de Emparellados de Portugal.

"Xa vedes o mansos que son", comenta José Portas, xerente de Discarlux.

Ata esta semana vivían nunha aldea de Vidago, en Portugal, onde foron amansados e criados con alimentación tradicional. A empresa Discarlux, con sede en Ames, acaba de adquirilos por 14.000 euros.

Carlos Ronda, xerente de Discarlux, di que "viñemos por eles dende Madrid, porque foron os gañadores do proxecto anterior, e queremos que estean en Discarlux, dentro das mellores razas que estamos buscando, son exemplares únicos, son marabillosos, o benestar e a alimentación que tiveron, é como na casa".

Dous exemplares cuxa carne acabará nalgúns dos asadores máis prestixiosos de España, Francia, Suecia ou Italia.

Noticias web

26/11/2020