CRTVG

Buscar

A Revista

Unha empresa da Limia apaña a pataca de xeito manual para mellorar a súa calidade

Publicado o 06/09/2017 12:40






A colleita á man de grandes extensións de pataca é un traballo duro e sacrificado, pero din que así se consegue un produto de máis calidade. Así o fan nalgunhas plantacións da comarca ourensá da Limia. Un equipo de dez persoas pode apañar ata cen mil quilos nunha xornada.

Por estas mans pasan miles de patacas ao día. Unha a unha son colleitadas con todo o coidado para que o tubérculo sufra os menos golpes posible antes de ser levado ao punto de venda.

Un labor realmente duro, polo esforzo físico e tamén pola calor e o po que respiran a rentes da terra. No caso desta empresa son operarios romaneses, que dende hai varios anos son contratados para a colleita a man.

Cobran tres céntimos por quilo cada un. Nunha xornada, un equipo de dez persoas pode recoller unhas cen toneladas. Lóxicamente o produto final é un chisco máis caro, pero o consumidor agradéceo.

A colleita á man tradúcese nunha mellor saúde, calidade e aspecto da pataca. Pero tamén nunha mellor conservación no almacén, xa que menos golpes supón menos risco de podremia e menos perdas na colleita final.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

06/09/2017