CRTVG

Buscar

Unha empresa da Coruña reconverte a súa frota en unidades móbiles para realizar probas de coronavirus

Publicado o 22/04/2020 18:13

A idea xurdIu dunha empresa coruñesa especialista en montar unidades móbiles para eventos de todo tipo. Desta volta decidiron converter os seus camións e camionetas en laboratorios rodantes para a práctica de probas rápidas PCR. Esta que ven é unha delas.

As unidades móbiles están divididas en tres estancias: a de atención aos usuarios, a de laboratorio, onde se practican as probas, e a de residuos, onde se desbota o lixo sanitario. Os vehículos contan con zona de control da temperatura corporal, alfombra húmida con auga ozonizada na entrada e un sistema de purificación de aire por ozono e raios ultravioleta. Consideran que son especialmente útiles en determinados casos

De momento hai tres unidades dispoñibles. A empresa asegura que dispón dunhas vinte de distintos tamaños, dende furgonetas pequenas a grandes camións, e igualmente adaptables para que se poidan realizar os tests en cuestión de minutos e en calquera lugar do país.

Noticias web

22/04/2020