CRTVG

Buscar

Unha biotecnolóxica galega traballa en dous novos sistemas para detectar o coronavirus

Publicado o 06/04/2020 20:58

A compañía biotecnolóxica AMSlab, con sede en Lugo, súmase á loita contra o coronavirus. As empresas que conforman o grupo mudaron o seu traballo para centrarse no desenvolvemento de dous sistemas de detección, un deles de diagnóstico rápido e uso doméstico.

Outra das liñas de investigación céntrase en buscar solucións para protexernos e facerlle fronte ao desabastecemento de equipos de protección e máscaras de seguridade.

Investigan un novo tecido lavable a alta temperatura que permitiría unha completa desinfección, o cal prolongaría a vida útil das máscaras protectoras.


 

Noticias web

06/04/2020