Unha empresa afronta unha multa de ata 9.000 euros por verteduras ilegais en Ames
Os traballadores da brigada de Medio Ambiente de Ames detectaron un aumento considerable de verteduras ilegais, o que repercute no seu labor nas rutas e sendas verdes, que agora están máis desatendidas. Cada día teñen que recoller os cascallos de dous ou tres depósitos coma este.
Alberto Villaverde, empregado de Medio Ambiente de Ames: "Levamos un par de meses continuos así, con residuos que se tiran nas pistas forestais e estamos invadidos. Entre isto e o que se deixa na rúa e nas beirarrúas...".
Esta é unha das catro verteduras que fixo unha mesma empresa en distintos montes do concello. Son os restos do baleirado dun piso. A Policía Local deu co responsable, que se enfronta a unha multa dun mínimo de 900 euros ata os 9.000.
Alberto Villaverde, empregado de Medio Ambiente de Ames: "A esta xente dicímoslle que a sanción está aí. Temos medios para recoller, temos punto limpo de balde, vas alí e recóllencho. Hai un teléfono ao que chamar para que che collan os residuos, sen problemas".
En Ames piden a colaboración veciñal para axudar a erradicar estas actitudes incívicas.