Unha empesa de Oleiros é a responsable da distribución das tarxetas prepago en boa parte do mundo
Publicado o 01/08/2019 11:55
As tarxetas de prepago ou de agasallo para produtos en liña forman parte da nosa vida cotiá. Unha empresa galega é a responsable de que gran parte delas se distribúan por todo o Estado e na outra beira do Atlántico.
Isto da telefonía vén de lonxe... e nos nosos días unha empresa galega con sede en Oleiros, A Coruña, cumpre 18 anos cuns xa coñecidos distintivos que nos resultan familiares en estacións de tren, aeroportos ou locutorios.
Recalcan a importancia no sector de adaptarse aos novos tempos... e ás novas xeografías.
Vese que dende Galicia para o resto do mundo o antigo saldo, xa en novas plataformas e servizos dixitais, seguirá dando moito que falar neste século XXI.