CRTVG

Buscar

A Revista

Unha embarcación controlada de xeito remoto evita riscos para as tripulacións

Publicado o 20/09/2017 12:48

Próbase na ría de Vigo unha embarcación capaz de navegar sen tripulantes, o equivalente a un dron mariño. Pódese dirixir de xeito remoto dende terra, o que evita ter que levar tripulación en situacións perigosas ou de longa duración.

Polo momento a lei non permite que unha embarcación navegue sen tripulante, pero neste caso o único ocupante pouco ten que facer. Esta nave pode ser controlada de xeito remoto dende terra, o que pode supor varias vantaxes.

O proxecto englóbase no programa tecnolóxico de Rozas, onde se desenvolven tamén avións autónomos. O conselleiro de Economía destacou que todos deben buscar mellorar
a calidade dos servizos públicos.

En dous anos podería comercializarse este tipo de embarcacións para disitintos usos. Os impulsores agardan que entón a normativa xa permita a navegación autónoma.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

20/09/2017