Unha ducia de eucaliptos son causa de desavinzas veciñais en Cabana de Bergantiños
Unha ducia de eucaliptos están a ser obxecto de preito entre veciños do concello coruñés de Cabana de Bergantiños. Foron plantados ao lado do mar hai xa varias décadas. A dona négase a cortalos e a demandante di que lle estragan a súa leira e que a normativa obriga a cortalos.
O Goberno autonómico dille que hai que cortalos. Están a menos de seis metros da leira doutra veciña, que denunciou o incumprimento da normativa polas molestias que lle ocasionan estas árbores. A denunciada di que ten informes a favor e vai esquivando a corta.
Entre os argumentos para mantelos, a denunciada sostén que lle dan valor á paisaxe do lugar e que cortalos sería un atentado ecolóxico. Asegura que vai seguir recorrendo as ordes de corta. Os eucaliptos son a parte visible dunhas desavinzas que, polo que nos mostran e din en Cabana, teñen parte da discordia propiedade do terreo.