Unha dieta axeitada axuda a previr enfermidades dos ollos
As cabazas, o salmón, as sardiñas, os froitos secos e os legumes figuran entre os alimentos máis recomendados polos oftalmólogos e nutricionistas. Son alimentos que conteñen vitaminas A,C e D e tamén flavonoides e ácidos grasos Omega-3, os nutrientes más beneficiosos para a saúde dos nosos ollos, segundo estes especialistas.
Fátima Branco Parra, nutricionista e farmacéutica: "Os vexetais son os que os conteñen, sobre todo as verduras, hortalizas e froitas. A vitamina D non , a vitamina D está sobre todo nos peixes graxos, tamén nos cogumelos e champiñóns e a nosa asimilación e sobre todo pola luz solar".
Minerais como o zinc, selenio e cobre contidos nas carnes, peixes e mariscos son tamén recomendables para a prevención das patoloxías oculares. Nutricionistas e oftalmólogos advirten de que unha dieta inadecuada baseada nun exceso de azucre, sal e graxas saturadas pode chegar a producir lesións nos ollos, ás veces irreparables.
Fátima Branco Parra, nutricionista e farmacéutica: "O caso dun rapaz do Reino Unido que levaba desde os cinco anos alimentándose soamente baixo o seu criterio, comía patacas fritas, pan de molde e salchichas, pois cando chegou aos dezasete anos, empezou a empeorar a súa saúde,os médicos fixéronlle todo tipo de anla´lises e quedou practicamante cego".
Unha boa alimentación, afirman os oftalmólogos, pode contribuír á prevención e control de enfermidades como as cataratas, o ollo seco, o glaucoma e a dexeneración macular asociada á idade.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí