CRTVG

Buscar

Unha derrota ante o Cádiz podería custarlle o posto a Anquela

Publicado o 20/09/2019 16:48

O Deportivo vovle xogar este sábado, e vaino facer en Cádiz cos focos apuntando a Anquela. Unha derrota podería custarlle o posto. Hoxe a Anquela preguntáronlle se estaba enfadado ou triste.

"Isto é fútbol, non estou enfadado nin triste", dixo o adestrador.

Anquela contrapón a situación do Deportivo á estabilidade do seu rival de mañá, o Cádiz

Cando se lle pregunta pola confianza do club cara el, responde que "a confianza cómprase na quinta planta dun gran almacén".

Neste caso ese almacén poderíase chamar vitoria en Carranza, onde o equipo gaditano conta os seus partidos por triunfos. Non viaxa á cidade andaluza David Simón, pero si os fabrilistas Mujaid e Gandoy.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019