CRTVG

Buscar

Unha delegación belga visita edificios de arquitectura sostible en Galicia

Publicado o 19/02/2019 21:32

Hoxe tamén lles falamos de arquitectura sostible. E que supón? recuperar o patrimonio, respectar a natureza e usar materias primas locais. Son as bases da arquitectura sostible da que, cada vez máis, se atopan exemplos en Galicia.

Este edificio situado no centro de Ferrol conserva a súa fachada con máis de 100 anos de historia. O interior foi totalmente rehabilitado preservando non só a arquitectura tradicional senón tamén os elementos e materiais.

A aposta pola arquitectura sostible foi clara. Había que recuperar o patrimonio respectando o medio ambiente e dando prioridade ás materias primas locais.

A casa foi unha das escollidas pola delegación do cluster da ecoconstrución de Bélxica que aglutina empresas, estudos de arquitectura, centros de formación e profesionais e que estes días visita a comarca de Ferrol.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2019