CRTVG

Buscar

Unha decena de Lamborghinis adiantan un coche a toda velocidade nunha estrada de Asturias

Publicado o 18/09/2019 21:40

Situación temeraria ou insólita? Tal vez as dúas cousas. Un vehículo que circulaba pola estrada de Fitu, en Asturias, presenciou como unha decena de Lamborghinis o adiantaba a toda velocidade. E non se trata dun conto, de feito, estas imaxes son as que eles gravaron. Coches deportivos valorados en máis de 300.000 euros.

O vídeo non só dá conta da situación estraña, senón tamén da perigosidade da estrada. A Garda Civil confirmou que un dos Lamborghinis saíu da vía e o condutor quedou ferido cun golpe na cabeza.

Algunhas testemuñas contaron que se trataba de turistas aloxados nun hotel de cinco estrelas da zona de Parres.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019