CRTVG

Buscar

Unha decena de familias seguen desaloxadas tras o incendio do seu edificio en Marín

Publicado o 04/06/2019 14:25

Dezasete días despois do incendio que arrasou parte dun edificio de vivendas de Marín, unha decena de familias non puido volver ás súas casas.

O portal máis afectado xa dispón dos servizos de luz e auga. E hai pisos en que empezaron a facer limpeza. Os propietarios permanecen aloxados con familiares ou en hoteis con cargo aos seguros das súas vivendas. A maioría conta con regresar en quince días, agás os das dúas vivendas máis danadas. 

"Calculamos que en dúas semanas estarán todos aloxados, salvo o primeiro piso que vai ter que sufrir unha reconstrución integral e o ático que podería tardar máis, porque hai que construír un novo tellado con todo o que supón", asegura Enrique Méndez, administrador da comunidade de veciños.

As causas do incendio estanse a investigar. Os primeiros datos indican que empezou no patio dun dos primeiros pisos.

Noticias web

04/06/2019