CRTVG

Buscar

Arden máis dunha ducia de coches novos na terminal de vehículos de Bouzas

Publicado o 20/07/2019 09:37

Un incendio na terminal de vehículos da dársena de Bouzas, en Vigo, queimou máis dunha ducia de coches novos. A alarma saltou contra as dez da noite. Os bombeiros traballaron a reo para apagar as lapas e evitar que se estendensen aos outros centos de vehículos estacionados alí á espera de seren embarcados para a súa comercialización. Sospéitase que o lume puido deberse ás bombas de palenque lanzadas para dar inicio ás festas do barrio.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí