CRTVG

Buscar

Unha de cada tres mentiras que circulan pola Rede son sobre problemas de saúde

Publicado o 12/02/2018 21:56

Unha de cada tres mentiras que circulan pola Rede son sobre saúde. Hoxe en día, Internet volveuse unha ferramenta complementaria, pero non excluínte. O médico segue sendo o especialista que ten a última palabra.

O 60% dos internautas busca información sobre saúde en Internet, un dos temas dos que corren máis inexactitudes pola Rede, podéndose atopar que un ingrediente das patatas fritas dunha famosa cadea de comida rápida son a solución para a calvicie ou que as vacinas producen autismo. Os expertos afirman que existe demasiada información e o usuario non sabe de cal fiarse.

Por iso, ponse en marcha a plataforma #SaludSinBulos, para dar visibilidade ás mentiras de Internet e denuncialas mediante o rigor científico e médico. A xente teno claro, a primeira opción sempre é recorrer ao doutor, aínda que a Rede é agora, e máis para estes casos, unha ferramente complementaria.

A Oncoloxía, Nutrición ou Pediatría son as principais temáticas das inexactitudes sanitarias. Sempre é máis rápido e cómodo consultar na Rede que esperar nunha sala.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2018