CRTVG

Buscar

Unha de cada dez persoas perderá audición por abusar do uso dos cascos

Publicado o 03/03/2019 13:13

É un dos xestos que vemos cada vez máis a miúdo na rúa, rapazas e rapaces cos auriculares do móbil postos practicamente todo o tempo que van camiñando, que collen o autobús..., é dicir, ao tempo que realizan calquera actividade cotiá. Cascos a través dos que escoitan música na maioría dos casos a un volume demasiado elevado. Un feito que xa converteu nun problema de saúde.

Así o asegura a OMS, que advirte de que en trinta anos unha de cada dez persoas sufrirá perda de audición. Falamos con Carlos Martín, otorrino, xefe de servizo do CHUS.

Noticias web

03/03/2019