CRTVG

Buscar

Unha Cooperativa do Deza plastifica rolos de herba solidarios co cancro de mama e próstata

Publicado o 14/06/2019 14:51

Membros da Cooperativa de gandeiros Cobideza están estes días plastificando os rolos de herba cunhas cores moi significativas. Plásticos de cores rosa e azul cos que participan nunha iniciativa para dar visibilidade ao cancro de mama e de próstata, colaborando coa investigación.

Normalmente, a plastificación dos rolos de herba lévase a cabo con material de cor negra ou branca, xa que fan que a conservación da herba sexa mellor. Con esta iniciativa están a comprobar os resultados destas novas cores.

Esta iniciativa, cun percorrido de éxito noutros países, está a sorprender a máis dun e agardan que en Galicia tamén teña boa acollida.

Dende Cobideza agardan que esta iniciativa perdure no tempo para seguir avanzando na investigación contra o cancro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2019