CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Unha conexión eléctrica ilegal, posible causa do incendio mortal do Carballiño

Publicado o 14/09/2017 14:17

Unha conexión eléctrica ilegal foi posiblemente a causa do lume que se orixinou hai seis anos no edificio Magariños. O enxeñeiro técnico industrial que levou a cabo a investigación detectou un cable que mantiña ponteados os fusibles.

Unha conexión que deu lugar a un curtocircuíto nos contadores que, ao estar metidos nunha estrutura de madeira, comezaron a arder. O lume ocasionou o falecemento posterior dun dos veciños e feridas graves a outros seis inquilinos. Hoxe está previsto que remate a vista oral. As vítimas piden indemnizacións que chegan aos catrocentos mil euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí