CRTVG

Buscar

Unha condutora deu positivo dúas veces nunha mesma mañá en Sanxenxo

Publicado o 09/03/2019 21:19

A Garda Civil interceptou unha veciña de Sanxenxo conducindo baixo os efectos do alcol en dous controis diferentes durante esta mañá. No primeiro a muller triplicaba a taxa permitida. Dúas horas despois seguía dando positivo.

Ás once menos cuarto Tráfico parou a condutora en Cambados ao comprobar que circulaba a gran velocidade. Ao dar positivo por alcol interceptáronlle o vehículo do que se fixo cargo outro condutor. Dúas horas despois, os axentes volveron sorprendela circulando por Sanxenxo e ao realizarlle o control volveu dar positivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2019