Unha condutora cae co coche por un desnivel de dez metros e ela mesma chama ao 112
Unha condutora caeu por un desnivel duns dez metros a un río de Padróns, en Ponteareas. Aconteceu ás doce desta noite. Foi a propia muller a que chamou os equipos de emerxencia para que puideran localizala.
Tremendo susto o que levou a condutora deste vehículo. Pouco antes das doce da noite volvía á casa co seu coche pero acabou caendo por un desnivel de dez metros que desemboca neste río de Padróns.
Grazas á condutora, os equipos de emerxencia puideron dar con ela. En plena noite e sen coñecer a zona, tivo o sangue frío de chamar o 112 e, coa axuda dun veciño, dar todas as indicacións para que puideran localizala.
Precisamente, nesta ponte caeron xa varios veciños cos seus coches. A última, Pilar co seu marido e os seus fillos. Pero tamén o seu pai.
Quéixanse de que este vial de Padróns carece de beiravía o que fai máis perigoso. Tamén a grava que se acumula nesta curva.
Píden unha solución urxente. De feito, co último accidente non se reparou a varanda de protección. Moitos veciños cren que se o houbese a condutora deste último coche non caería ao río. De feito, aínda que ferida leve, precisou asistencia sanitaria.