CRTVG

Buscar

Unha concelleira de Podemos entra na corporación da Coruña

Publicado o 03/12/2020 14:44
Unha concelleira de Podemos entra na corporación da Coruña

Podemos entrou hoxe na corporación municipal da Coruña. Foi ao tomar posesión como concelleira non adscrita Isabel Faraldo, que substitúe no escano o exedil Xiao Varela.

A militante da formación morada figuraba na lista electoral da Marea Atlántica nas últimas eleccións municipais, pero rexeitou integrarse no seu grupo.

Noticias web

03/12/2020