CRTVG

Buscar

Unha empresa de Vigo vende sistemas de control horario por toda España

Publicado o 11/05/2019 17:18

Entra en vigor a obriga de fichar nos traballos. Unha empresa de Vigo leva dez anos traballando neste eido e ten xa dous mil clientes en toda España, desde que se coñeceu a normativa as súas vendas incrementáronse un 50%. Unha empresa media de dez empresarios pode adquirir un sistema por algo máis de trecentos euros. O máis eficaz e barato é o recoñecemento de pegada dixital.

A partir de mañá todas as empresas están obrigadas a contabilizar a xornada laboral dos seus traballadores. As empresas que se dedican a fabricar os sistemas como a viguesa Biological Control incrementaron as súas vendas un 50% desque se coñeceu o decreto.

Malia todo, as vendas poderían ser maiores. Hai moitas empresas que aínda non teñen ningún sistema implantado. Por pouco máis de 300 euros unha empresa con dez empregados pode facerse cun sistema de recoñecemento dactilar e el mesmo pode facer o recoñecemento previo da pegada porque é moi doado. Non é o único sistema, hainos de recoñecemento visual, facial ou de iris, ou con tarxeta, nesta empresa son partidarios dos biométricos porque ninguén pode fichar por nós. Tamén son moi interesantes as fichaxes por móbil a través dunha app, xa que hai moita xente que traballa na rúa ou non en oficinas.

Esta empresa traballa desde Vigo para toda España ten dous mil clientes sobre todo en Madrid e Barcelona.

Noticias web

11/05/2019