CRTVG

Buscar

Unha compañía ameaza con multar un veciño do edificio derrubado en Peñíscola por non devolver o router

Publicado o 02/09/2021 21:34
Unha compañía ameaza con multar un veciño do edificio derrubado en Peñíscola por non devolver o router

Perdeu a parella e o fillo de 15 anos cando se derrubou o edificio de Peñíscola. E días despois, cando foi cancelar o contrato de Internet, a compañía ameazouno cunha multa de 150 euros se non devolvía o router, que estaba sepultado baixo os refugallos.

A noticia correu a tal velocidade polas redes que a empresa acaba de rectificar. Di que todo foi un erro de procedemento, que non haberá multa e que tomarán medidas para que non volva repetirse esta situación.

Noticias web

02/09/2021