CRTVG

Buscar

Unha colisión entre dous coches remata cun deles precipitándose pola ponte da rolda de Outeiro na Coruña

Publicado o 13/10/2021 19:28

Un vehículo que circulaba pola rolda de Outeiro quedou envorcado despois de precipitarse ao cruzamento da rúa Montevideo coa rúa dos Caballeros. No momento do accidente había dúas persoas no interior do turismo.

O accidente ocorreu polas seis da tarde e, segundo a información facilitada ao 112 Galicia, as dúas persoas puideron saír do coche polos seus propios medios e posteriormente foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Ata o lugar do sinistro acercáronse efectivos do 061, os bombeiros da Coruña, a Policía Local e Protección Civil.

 

Noticias web

13/10/2021