CRTVG

Buscar

Unha cola de medio quilómetro no INEM simboliza o que pasará se pecha Alcoa

Publicado o 22/10/2020 12:20

Decenas de traballadores de Alcoa San Cibrao formaron hoxe unha cola ante as Oficina de Emprego de Burela -dos Servizos Públicos de Emprego da Xunta e do INEM- para simbolizar o que pasaría se finalmente a multinacional americana leva adiante o ERE que deixaría na rúa a 524 traballadores e apaga as cubas da planta de aluminio primario.

A cola que formaron os traballadores de Alcoa, separados aproximadamente por dous metros cada un -para respectar as medidas de prevención fronte á covid-19, chegou ao Concello de Burela, de modo que alcanzou unha lonxitude de aproximadamente medio quilómetro desde a porta da Oficina de Emprego.

Coma noutras mobilizacións, escoitáronse proclamas a favor dunha intervención pública da factoría para a súa posterior venda a Liberty House, a multinacional interesada na compra do complexo industrial de San Cibrao, como "Enerxía Solución", "A solución: unha intervención" ou "Goberno, escoita, a Mariña está en loita", acompañadas de aplausos.

Noticias web

22/10/2020