CRTVG

Buscar

Unha clínica viguesa, pioneira en cirurxía virtual aplicada á medicina bucodental

Publicado o 11/11/2018 22:55

Chega a Galicia a cirurxía dental guiada por ordenador, a través de imaxes en 3D. Achega maior precisión na colocación de implantes, reduce os tempos das intervencións e os efectos do postoperatorio. Visitamos unha clínica viguesa que é pioneira neste tipo de cirurxías virtuais, que xa son o presente da medicina bucodental.

As novas tecnoloxías aplicadas á medicina bucodental xa permiten apoiarse na navegación 3D para realizar operacións. As cirurxías virtuais son xa unha realidade na colocación de implantes. Estes sensores colocados na boca dos pacientes ou nas mans dos especialistas transmiten información que se converte, a través dun escáner, en imaxes en realidade virtual e na mellor das guías para o cirurxián.

Este sistema permite planificar mellor as intervencións, reduce os seus tempos e minimiza os efectos secundarios do postoperatorio. En Vigo estes profesionais son pioneiros na súa aplicación en Galicia e en España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2018