CRTVG

Buscar

Unha cheminea sen limpar podería ser a causa do incendio nunha casa de turismo rural en Taboada

Publicado o 01/01/2020 09:54

En Taboada, un incendio nunha casa de turismo rural, provocou estragos importantes pero, por sorte, sen danos persoais. O incendio foi en Casa Romualdo, no lugar de Vilela, contra as dez e cuarto na noite. Os bombeiros tardaron catro horas en extinguilo completamente, despois de que o lume se reavivase contra a unha da madrugada.

O lume orixinouse nunha cheminea, que segundo os bombeiros podería estar sen limpar. Nese momento só estaban na casa os donos, que poideron saír rapidamente do inmoble e poñese a salvo. Só hai que lamentar danos materiais.

Noticias web

01/01/2020