Telexornal Serán
Unha campaña para amadriñar o bosque comunal de Froxán, en Lousame, recada 8.000 euros en dúas semanas
Publicado o 15/01/2018 21:16
Unha campaña para amadriñar o bosque comunal de Froxán, no concello coruñés de Lousame, conseguiu en só dúas semanas que 250 persoas se sumen ao proxecto.
En total recadaron 8.000 euros que servirán para plantar 2.000 árbores nese terreo, que conta co recoñemento do rexisto ICA das Nacións Unidas, e que substituirán eucaliptos e outras especies, en favor de frondosas autóctonas.
A campaña terá un dos seus momentos clave o próximo 20 de xaneiro, cando centos de voluntarios plantarán un millar de árbores como carballos, cerquiños ou sobreiras.