Unha cámara de seguridade da AP-9 captou o accidente mortal na peaxe de Guísamo
• O home que conducía sufriu feridas leves, pero a muller que o acompañaba faleceu. Tamén tivo que ser hospitalizada a traballadora da cabina de telepeaxe, que se recupera dunha fractura na cabeza
A cámara de seguridade da AP-9 rexistra os segundos previos ao accidente. O condutor vira primeiro á esquerda e rectifica a dirección bruscamente cando está a poucos metros das cabinas de peaxe. Semella que non pisa o freo en ningún momento.
Tras o choque, o coche quedou virado na vía de pago. O condutor logrou saír polo seu propio pé, pero a súa muller, que viaxaba de copiloto, faleceu. Os bombeiros de Betanzos tiveron que liberar o corpo, que quedou atrapado dentro do vehículo. A traballadora de Audasa que estaba no posto de cobro quedou ferida grave. Segue ingresada no hospital, pero a súa é evolución favorable.
As imaxes da cámara de Audasa axudarán a determinar as causas do accidente. A Garda Civil xa apuntaba onte a que se puido producir por un volantazo do condutor para corrixir a traxectoria do coche.