CRTVG

Buscar

Unha cafetería de Baiona sofre o seu terceiro asalto en ano e medio

Publicado o 18/03/2019 17:09

Entraron pola ventá e en pouco máis dun minuto levaron a recadación da caixa rexistradora e da máquina comecartos. Sucedeu de madrugada. A alarma da cafetería saltou pero ninguén viu nada.

Os dous asaltantes ían encapuchados. A Garda Civil investiga agora as pegadas que deixaron na cafetería e tamén as imaxes das cámaras de vixilancia. Polo modus operandi non descartan que os autores do roubo sexan os mesmos dos asaltos rexistrados noutros establecementos de Baiona no último mes.

Os propietarios da cafetería agardan que a Garda Civil identifique os autores dos feitos. Este xa é o terceiro roubo que sofren en dezasete meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019