Unha cadela volve á casa despois dun mes desaparecida
Luna é unda cadela mestrura pastor belga e aleman que aínda ten a ollada triste e busca constantemente os aloumiños dos seus donos. Fai hoxe un mes, aproveitando un descoido, marchou da casa xunto co seu compañeiro de aventuras, Tasty, que correu peor sorte, xa que faleceu atropelado na autoestrada de Ourense.
A perda de Tasty afectoulle especialmente a Carlos, o fillo da parella, que era o seu fiel compañeiro.
A pesar dese revés, a familia non cesou na busca de Luna. Pediron axuda a través das redes. Agradecen a colaboración de moita xente. Pero, sobre todo, os que se negaron a tirar a toalla foron os rapaces, Diego e Carlos.
Tras seguir varias pistas sen éxito, o martes pola mañá levaron a alegría das súas vidas. Case un mes despois, Luna volveu á casa. Para intentar suplir a falta de Tasty, a familia incorporou un novo membro, Jesi. Un pastor alemán ao que Luna tenta afacerse despois de perder o seu compañeiro de aventuras.