CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Unha cadela fomenta a lectura ente os nenos do Grove

Publicado o 25/01/2015 14:56

A biblioteca do Grove recibiu unha visita pouco habitual, a de "Guinda", unha cadela capaz de fomentar a lectura entre os máis pequenos. Parece incrible, pero comparte contos con eles e mesmo os corrixe.

De xeito excepcional unha cadela pode entrar na biblioteca do Grove. Faino para deixar pegada entre estes pequenos lectores. É "Guinda", unha labradora de dezanove meses adestrada para ler xunto aos pequenos converténdose na mellor ouvinte que poden ter.

Nun ambiente tan motivador e relaxado calquera dorme. Porén Guinda non sempre o fai.

O programa "Cans e Letras" está a desenvolverse en bibliotecas e colexios de Galicia con fins educativos e nalgúns casos terapeúticos.

Os nenos melloran ao tempo que comparten algo máis ca a lectura coa súa nova amiga Guinda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí