Unha cadela ferrolá, campioa de Europa nos últimos Police & Fire Games
Hoxe, santo Antón, Día dos Animais, queremos que coñezan unha cadela ferrolá que se acaba de proclamar campioa de Europa nos últimos Police & Fire Games. Anka e o seu guía impuxéronse claramente ao resto de cans doutros países especializados en rescates. Hoxe vimos como se adestran Anka e algún dos seus compañeiros en Ferrol.
Dende as doce semanas de vida os expertos valoran as crías de cans e os escollen en función dos seus instintos, temperamento e o feeling que poidan ter con que vai ser o seu guía xa que a formación dun equipo entre eles é fundamental.
Anka procalamouse campioa de Europa con moita autoridade e unha notable vantaxe sobre os outros participantes, o segredo, o traballo constante e sobre trodo o tipo de entrenos que vemos nas imaxes.
Outra mostra disto e que Thor, outro dos cans de Casaga é un dos poucos de España que atopou dúas persoas durante un operativo de rescate real.