CRTVG

Buscar

Unha cadea humana percorre o centro de Vigo contra a construción do túnel de Porta do Sol

Publicado o 23/09/2019 21:21

Unha cadea humana percorreu esta tarde o centro de Vigo en protesta contra a construción dun túnel baixo a porta do Sol.

Ducias de veciños, convocados polo colectivo Vigo Histórico, percorreron o treito que vai dende o Olivo ata a estatua do Sireno, para visibilizar o espazo, segundo eles, que se estragaría coa construción do paso soterrado.

Noticias web

23/09/2019