Unha borrasca deixará chuvias abundantes e provocará o descenso de temperaturas en Galicia
Publicado o 15/09/2020 21:26
A Mariña foi a comarca máis afectada polas chuvieiras nas últimas horas que, como ven nestas imaxes de Viveiro, non só viñeron acompañadas de aparato eléctrico. Algunha estación meteorolóxica, como a do Valadouro, superou os 40 litros por metro cadrado en poucas horas. O xoves os chuvascos treboentos volverán ser protagonistas en Galicia.