CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Premian unha bióloga viguesa polos avances contra os efectos da diabetes

Publicado o 14/11/2017 15:00

Unha nova liña de investigación nos fármacos para a diabetes é o traballo gañador dun premio outorgado pola Sociedade Europea de Endocrinoloxía. A autora do estudo é unha bióloga de Vigo que descubriu que estes mesmos fármacos poden empregarse para paliar as consecuencias neurodexenerativas propias desta doenza. É unha das tres premiadas entre os máis de 1.700 traballos que se presentaron no ámbito internacional.

No laboratorio de endocrinoloxía da Universidade de Vigo levan anos investigando a diabesidade, pacientes con obesidade e diabetes de tipo 2. Ambos os dous trastornos levan asociadas enfermidades neurodexenerativas. É aquí onde centran os seus traballos de investigación, en que observaron que os fármacos empregados para tratar a diabetes poden paliar a neuroinflamación.

A bióloga viguesa é unha das tres gañadoras, elixidas entre os máis de 1.700 traballos que se presentaron no ámbito internacional, nos premios que cada ano outorga a Sociedade Europea de Endocrinoloxía. O seu traballo permite abrir novas liñas de investigación no tratamento da diabetes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí